Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 867/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 867/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Varaderos Lazareto, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse Sentenza o 25.11.2020, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación. Faise saber, igualmente, que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Varaderos Lazareto, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza