Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 618/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernandez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 618/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Veira Cedeira contra Creaciones Vavisando, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, en reclamación de cantidade, ditouse a resolución do 9.12.2020 contra a que non cabe recurso de suplicación por razón da contía sen prexuízo do normado no artigo 191.3 da LRXS. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Creaciones Vivisandos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza