Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 9/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 9/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Peña del Pozo e Sandra Milena Martínez González contra 2 Q Portugal SGPS, Lda, Pulvino Suministros Industriales, S.L., 2 Q Manutençao Profissional, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados 2 Q Portugal SGPS, Lda, Pulvino Suministros Industriales, S.L., 2 Q Manutençao Profissional, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 12.517,53 euros en concepto de principal (a Diego Peña del Pozo: 3.418,70 euros en concepto de diferenzas retributivas, 1.427,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 4.858,56 euros en concepto de axudas de custo, pagas extra, salarios, complementos de IT, 1.453,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 respecto da cantidade anterior; a Sandra Milena Martínez González: 995,06 euros en concepto de diferenzas salariais, 364,22 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, máis outros 1.251,75 euros que se fixan provisionalmente para xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación

CCCC euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulvino Suministros Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza