Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do acto ditado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Reformado número 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, AC/08/064.01.1, Santa Comba.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo, por ser descoñecido o seu domicilio, para seren notificadas por comparecencia dos actos ditados no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Reformado número 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba, treito parque empresarial de Santa Comba-Abuín, clave AC/08/064.01.1, no concello de Santa Comba.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do contido das resolucións e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá realizarse mediante petición de cita previa no enderezo de correo electrónico expropiacions.axi.coruna@xunta.gal. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes, contado a partir da súa notificación ou da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados igualmente desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de acordo co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2021

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predios

Interesados

Acto que se notifica

61-CO

Forján Antelo, Avelino

Resolución de división de indemnización entre copropietarios

61-CO

Forján Antelo, José

Resolución de división de indemnización entre copropietarios