Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se notifican os acordos ditados no expediente IG205.2014.1.73 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido dos acordos, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento deles.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que, contra os acordos, os cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Núm. expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG205.2014.1.73

Materiales de construcción J.A. Martínez, S.L.

Préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Resolución do 3 de xuño de 2014, DOG núm. 108, do 9 de xuño; Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio; Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro, e Resolución do 6 de maio de 2016, DOG núm. 93, do 18 de maio)

27.10.2020

Consello de Dirección do Igape

Acordo de expediente de incumprimento parcial de condicións de concesión do préstamo

IG246.2017.1.38

Bidup Technologies, S.L.

Préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia- programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG núm. 206, do 30 de outubro; Resolución do 27 decembro de 2018, DOG núm. 247, do 28 de decembro, e Resolución do 7 de outubro de 2019, DOG núm. 197, do 16 de outubro)

13.2.2020

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo