O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2020
Convenio |
Importe (€) |
Data sinatura |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e New Live Promociones Culturales para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Atlantic Fest. |
30.000,00 |
26.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Nodesía Producións, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Compostela na Maré 2020. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Zircozine, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do Festival de la Luz, Pequeños Reencuentros. |
30.000,00 |
26.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e O.N.P. Producciones, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Resurrection Fest. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Revenidas, S.C. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Revenidas en Conserva. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Dezasete Grados, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización da Edición Especial 17º Festival Ribeira Sacra 2020. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Sinsalaudio, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Sinsal 2020. |
30.000,00 |
29.9.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Play Plan Cultural, S.L.U. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do Sonrías Baixas Destino Sonrías 2020. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Sweet Nocturna, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Underfest 2020. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Vive Nigrán, S.L. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do festival Vive Nigrán 2020. |
30.000,00 |
23.10.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Work on Sunday, S.L.U. para a implementación da medida 41: Fest Galicia en liña Xacobeo 21 coa realización do WOS Talks X Fest Galicia. |
30.000,00 |
28.10.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Noemi Vázquez Nogueiras para a xestión da programación da Rede Galega de música ao Vivo no ano 2020. |
1.500,00 |
23.12.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Taboada e Paz, S.C. para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
3.000,00 |
23.12.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Club Clavicémbalo para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
600,00 |
23.12.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Casa das Crechas, S.L. para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
3.000,00 |
23.12.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade La Sonrisa de Vigo, S.L. para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
3.900,00 |
11.11.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Fernando Casal Neira para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
2.100,00 |
23.12.2020 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e TuryHost, S.L. (Moon Music Club) para a xestión da programación da Rede galega de música ao vivo no ano 2020. |
1.800,00 |
23.12.2020 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Universidade de Santiago de Compostela para a coedición da publicación Guía legal para autores e artistas de Galicia. |
Sen achega económica |
28.10.2020 |