Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8862

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (267/2019).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Grupo Construnor Estructuras, S.L. fronte a Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.L., Entidad Urbanística de Gestión del Suelo Urbanizable URB-1 Villa Amalia, Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 151/2020.

Xuízo ordinario número 267/2019.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Grupo Construnor Estructuras, S.L., en situación concursal en liquidación.

Avogado: Sr. Paz Costas.

Procurador: Sr. Regueiro Muñoz.

Demandado 1: Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (SAREB).

Avogado: Sr. Cabacas García.

Procurador: Sra. Goimil Martínez.

Demandado 2: Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.L.

Avogado: Sr. Sánchez-Casas Arrarás.

Procurador: Sr. Paz Montero.

Demandado 3: Entidad Urbanística de Gestión del Suelo Urbanizable URB-1 Villa Amalia (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

En Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2020.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda interposta por Grupo Construnor Estructuras, S.L., en situación concursal en liquidación contra Entidad Urbanística de Gestion del Suelo Urbanizable URB-1 Villa Amalia, Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. e Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A. e, en consecuencia, declaro que as demandadas deben solidariamente á demandante a cantidade de 1.372.446,35 euros, e condeno solidariamente as demandadas ao seu pagamento á parte demandante. Todo iso con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. En canto ás custas do proceso, non procede a súa imposición.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíz que a ditou. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Entidad Urbanística de Gestión del Suelo Urbanizable URB-1 Villa Amalia, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2021
O/a letrado/a da Administración de xustiza