Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 386/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 386/2020 deste xulgado do social, contra as empresas Pronored, S.L.U., Comfica Soluciones Integrales, S.A. e Enercom Noroeste, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

Sentenza.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2021.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº DSP 386/2020, en que foron parte, dun lado, como demandante, Luis Bermejo Masero, con DNI 11943507K, representado e asistido polo letrado Sr. Ballines García e, como demandado, Pronored, S.L.U., que non comparece malia estar citado en legal forma, e con intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza

Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada por Luis Bermejo Masero fronte a Pronored, S.L.U., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante verificado o 26.2.2020.

2. Declaro extinguida a relación laboral con data de efectos desta sentenza.

3. Condeno a parte demandada a aboar á demandante unha indemnización por despedimento de 19.668 euros, e salarios de tramitación polo tempo transcorrido desde o despedimento ata a extinción por importe de 23.765,5 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Enercom Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza