Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 5/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Siso López contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o vinte e un de xaneiro de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 225/20 do 20.11.2020 ditada no procedemento ordinario 853/17 a favor da parte executante, Carolina Siso López, fronte a Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 9.683,96 euros en concepto de principal (7.536,6 euros en concepto de salarios, liquidación de vacacións non gozadas, diferenzas salariais, 2.073,09 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 6.732 euros, 74,27 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios que comportan 804,60 euros), máis outros 968,39 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e un de xaneiro de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Turmens Logística Urgente, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Carolina Siso López e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza