Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9139

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2021.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:

«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do Concello, por maioría absoluta e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».

Pola súa parte, o artigo 77 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece:

«1. Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.1) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.2) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.3) da lei, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección (artigo 42.9 da LSG).

2. Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a porcentaxe media para o conxunto da Comunidade Autónoma. En ningún caso a porcentaxe de reserva fixada para un concello poderá ser inferior á dita media. A resolución que determine a porcentaxe que resulte para cada concello será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do Concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (artigo 42.9 da LSG).

4. Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste artigo aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas (artigo 42.9 da LSG).

5. As reservas para a construción de vivendas protexidas deberán localizarse favorecendo o principio de cohesión social e conforme as seguintes regras en función da clasificación do solo:

– No solo urbano non consolidado deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no distrito.

– No solo urbanizable deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no sector (artigo 42.10 da LSG).

6. O previsto neste artigo resulta de aplicación a todos os plans xerais de ordenación municipal, con independencia da forma de fixación da reserva e da súa contía. Enténdese que a porcentaxe final que se fixe se axusta á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo cando iguale ou supere a reserva establecida nesta».

A citada normativa deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG nº 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto e en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2021 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación da listaxe das ditas porcentaxes no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas en concellos
de máis de 5.000 habitantes

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 6,40 %

Concellos

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe aplicable

Abegondo

3

5.406

0,55 %

6,40 %

Allariz

21

6.188

3,39 %

6,40 %

Ames

109

31.793

3,43 %

6,40 %

Ares

9

5.732

1,57 %

6,40 %

Arteixo

113

32.262

3,50 %

6,40 %

Arzúa

1

6.041

0,17 %

6,40 %

Baiona

24

12.122

1,98 %

6,40 %

Barbadás

3

11.037

0,27 %

6,40 %

Barco de Valdeorras, O

13

13.395

0,97 %

6,40 %

Bergondo

7

6.633

1,06 %

6,40 %

Betanzos

34

12.959

2,62 %

6,40 %

Boiro

24

18.838

1,27 %

6,40 %

Brión

84

7.837

10,72 %

10,72 %

Bueu

8

12.009

0,67 %

6,40 %

Burela

34

9.566

3,55 %

6,40 %

Caldas de Reis

2

9.785

0,20 %

6,40 %

Camariñas

0

5.272

0,00 %

6,40 %

Cambados

23

13.744

1,67 %

6,40 %

Cambre

174

24.648

7,06 %

7,06 %

Cangas

83

26.542

3,13 %

6,40 %

Cañiza, A

5

5.180

0,97 %

6,40 %

Carballiño, O

19

14.027

1,35 %

6,40 %

Carballo

24

31.349

0,77 %

6,40 %

Carral

6

6.408

0,94 %

6,40 %

Castro de Rei

1

5.011

0,20 %

6,40 %

Cedeira

1

6.640

0,15 %

6,40 %

Cee

2

7.546

0,27 %

6,40 %

Celanova

2

5.649

0,35 %

6,40 %

Cerceda

2

5.001

0,40 %

6,40 %

Cerdedo-Cotobade

29

5.699

5,09 %

6,40 %

Chantada

22

8.324

2,64 %

6,40 %

Coristanco

1

6.074

0,16 %

6,40 %

Coruña, A

2.412

245.711

9,82 %

9,82 %

Culleredo

159

30.402

5,23 %

6,40 %

Estrada, A

25

20.479

1,22 %

6,40 %

Fene

10

12.944

0,77 %

6,40 %

Ferrol

524

66.065

7,93 %

7,93 %

Foz

95

10.002

9,50 %

9,50 %

Gondomar

23

14.286

1,61 %

6,40 %

Grove, O

5

10.650

0,47 %

6,40 %

Guarda, A

5

9.977

0,50 %

6,40 %

Guitiriz

0

5.505

0,00 %

6,40 %

Lalín

34

20.218

1,68 %

6,40 %

Laracha, A

8

11.347

0,71 %

6,40 %

Lugo

1.002

98.025

10,22 %

10,22 %

Malpica de Bergantiños

1

5.391

0,19 %

6,40 %

Marín

77

24.319

3,17 %

6,40 %

Meaño

4

5.272

0,76 %

6,40 %

Melide

6

7.406

0,81 %

6,40 %

Miño

4

6.200

0,65 %

6,40 %

Moaña

34

19.399

1,75 %

6,40 %

Monforte de Lemos

111

18.599

5,97 %

6,40 %

Mos

38

15.078

2,52 %

6,40 %

Mugardos

7

5.245

1,33 %

6,40 %

Muros

0

8.556

0,00 %

6,40 %

Narón

198

39.080

5,07 %

6,40 %

Neda

2

5.079

0,39 %

6,40 %

Negreira

1

6.827

0,15 %

6,40 %

Nigrán

33

17.675

1,87 %

6,40 %

Noia

13

14.263

0,91 %

6,40 %

Oleiros

172

36.075

4,77 %

6,40 %

Ordes

7

12.674

0,55 %

6,40 %

Oroso

10

7.500

1,33 %

6,40 %

Ortigueira

25

5.671

4,41 %

6,40 %

Ourense

242

105.233

2,30 %

6,40 %

Outeiro de Rei

3

5.093

0,59 %

6,40 %

Outes

0

6.282

0,00 %

6,40 %

Oza-Cesuras

0

5.101

0,00 %

6,40 %

Padrón

14

8.384

1,67 %

6,40 %

Pereiro de Aguiar, O

1

6.275

0,16 %

6,40 %

Pobra do Caramiñal, A

5

9.338

0,54 %

6,40 %

Poio

78

17.082

4,57 %

6,40 %

Ponte Caldelas

6

5.494

1,09 %

6,40 %

Ponteareas

26

22.877

1,14 %

6,40 %

Ponteceso

8

5.502

1,45 %

6,40 %

Pontedeume

4

7.777

0,51 %

6,40 %

Pontes de García Rodríguez, As

44

10.138

4,34 %

6,40 %

Pontevedra

981

83.029

11,82 %

11,82 %

Porriño, O

109

19.848

5,49 %

6,40 %

Porto do Son

3

9.171

0,33 %

6,40 %

Redondela

45

29.218

1,54 %

6,40 %

Rianxo

7

11.033

0,63 %

6,40 %

Ribadavia

14

5.024

2,79 %

6,40 %

Ribadeo

43

9.900

4,34 %

6,40 %

Ribadumia

32

5.052

6,33 %

6,40 %

Ribeira

20

26.886

0,74 %

6,40 %

Rosal, O

1

6.234

0,16 %

6,40 %

Sada

15

15.841

0,95 %

6,40 %

Salceda de Caselas

13

9.164

1,42 %

6,40 %

Salvaterra de Miño

15

9.819

1,53 %

6,40 %

San Cibrao das Viñas

0

5.405

0,00 %

6,40 %

Santa Comba

0

9.426

0,00 %

6,40 %

Santiago de Compostela

726

97.260

7,46 %

7,46 %

Sanxenxo

24

17.347

1,38 %

6,40 %

Sarria

58

13.345

4,35 %

6,40 %

Silleda

17

8.687

1,96 %

6,40 %

Soutomaior

15

7.395

2,03 %

6,40 %

Teo

15

18.579

0,81 %

6,40 %

Tomiño

14

13.499

1,04 %

6,40 %

Tui

15

16.701

0,90 %

6,40 %

Valdoviño

5

6.563

0,76 %

6,40 %

Valga

1

5.869

0,17 %

6,40 %

Vedra

0

5.036

0,00 %

6,40 %

Verín

17

13.723

1,24 %

6,40 %

Vigo

5.577

295.364

18,88 %

18,88 %

Vila de Cruces

4

5.246

0,76 %

6,40 %

Vilaboa

7

5.874

1,19 %

6,40 %

Vilagarcía de Arousa

268

37.456

7,16 %

7,16 %

Vilalba

85

14.226

5,97 %

6,40 %

Vilanova de Arousa

1

10.302

0,10 %

6,40 %

Vimianzo

1

7.057

0,14 %

6,40 %

Viveiro

53

15.510

3,42 %

6,40 %

Xinzo de Limia

3

9.715

0,31 %

6,40 %