Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 30 de novembro e 3 de decembro de 2020, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro)

ACORDOU:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas pola Resolución do 29 de outubro de 2020 (DOG núm. 230, do 13 de novembro).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica. xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión