Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 679/2020).

Demandante: Manuel Portas Varela

Avogado: Óscar Puertas Ledo

Demandada: Tranesa 2015, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Manuel Portas Varela contra Tranesa 2015, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 679/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Tranesa 2015, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27 de maio de 2021 ás 11.55 e 12.00 horas, na planta 1, sala 15, edificio rúa Hortas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Tranesa 2015, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza