Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 78/2020).

Eu, Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 78/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Conde Calvo contra Amilaxa Servicios Generales, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 15/2021.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Amilaxa Servicios Generales, S.L. en situación de insolvencia provisional total por importe de 22.622,40 euros en concepto de principal (11.636,07 euros en concepto de indemnización, 4.655 euros en concepto de salarios debidos, 271,65 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto á cantidade anterior e 6.059,68 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 2.262,24 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, el Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza