De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-764/2020-COP e sete máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuarse alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2021
Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-764/2020-COP |
35443253T |
Inicio |
Avda. da Coruña, 77, entr. M, Ribeira |
PSC-CO-773/2020-PPM |
76967096B |
Inicio |
Vilariño, 112, Cespón, Boiro |
PSC-CO-775/2020-PPM |
76965595M |
Inicio |
Magdalena, 52, Escarabote, Boiro |
PSC-CO-787/2020-PPM |
78780586C |
Inicio |
San Martiño, 45, Abanqueiro, Boiro |
PSC-CO-790/2020-PPM |
52454932M |
Inicio |
r/ Costadal, 14, Escarabote, Boiro |
PSC-CO-796/2020-PPM |
76967467Z |
Inicio |
Pazos, 6, Cespón, Boiro |
PSC-CO-10/2021-PPM |
52455379S |
Inicio |
Rúa Número Oito, 14, Corrubedo, Ribeira |
PSC-CO-11/2021-PPM |
32440035F |
Inicio |
Rúa Monte Alto, 22, 8º A, A Coruña |