Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9610

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 249, do 11 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.2

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

García Parada, Pedro

***8765**

85

Márquez Lombao, Cristina

***2204**

85

Martínez Marcos, Santiago Javier

***7086**

85

Pascual Queipo, Diego

***4445**

85

Acceso xeral

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Alcalde Marcos, Paula

***6682**

66, 67

Camiña Montero, Marcos

***4063**

86

Chapel González, José Miguel

***4592**

87

Cid Sancho, Ignacio

***1826**

83

Del Río Nistal, Elena María

***1856**

83

Fernández García, Marta María

***6091**

83

Gómez Trigo, Silvia

***9915**

87

Gutiérrez Fernández de Velasco, Raquel

***8461**

83, 86

Insua Nimo, Elisa

***8631**

87

Molist Fernández, Eva

***9235**

87

Postigo Sánchez, Blanca Esther

***9680**

83

Rey García, Adrián

***0532**

86, 87

Ruíz Rubio, Sara

***7974**

86

Vázquez Lorenzo, Estefanía

***3358**

86

Cód.

Causa da exclusión

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta de non percibir prestación ou subsidio por desemprego

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

85

Non cumpre a condición de discapacidade

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego