Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9612

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Conforme o disposto na base V.2 da convocatoria, publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base citada e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base, sen prexuízo do disposto na base V.3 para quen tivese a condición de persoal de funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Conforme o disposto na base V.2 da convocatoria, propor o nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que figuran na dita relación.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal

Anexo

Relación de persoas que superaron a fase de oposición do proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Total

***9072**

Figueiras Vázquez, Helena

15,30

26,52

17,148

34,67

93,64

***3413**

Nodar López, Raquel

13,97

21,09

23,795

32,33

91,19

***8473**

Mourelle Arnejo, Juan

15,54

20,77

17,613

30,33

84,25

***4389**

Álvarez Cuiñas, Alejandra

11,56

24,64

19,064

26,00

81,26

***5465**

Fernández Loureiro, David

13,61

19,47

21,783

24,33

79,19