Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2021, o tribunal designado pola Orde do Conselleiro de Facenda do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificada pola Orde do 11 de setembro de 2019 (DOG núm. 173, do 12 de setembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

acordou:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

Breogán Cinza Cabarcos
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna, escala de xestión de sistemas de informática

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Exame 1

Exame 2

Exame 3

Concurso

Total

1

***1888**

Docampo Ramos, Carlos

24,43

16,45

Apto

26,96

67,84

2

***8121**

Arnosa Casal, Juan Cirilo

15,25

18,33

Apto

25,01

58,59

3

***4034**

Piñeiro González, Raúl

21,99

15,00

Exento

21,52

58,51

4

***6803**

Valencia Requeiro, Tito

18,53

15,00

Exento

20,67

54,20

5

***0782**

Recuna Carrasco, Pablo

18,20

15,00

Apto

20,84

54,04

6

***3683**

López Soilán, Borja

19,04

18,95

Exento

14,98

52,97

7

***9780**

Boo Cepeda, Antonio

15,42

15,62

Apto

20,31

51,35