Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9687

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo (CE2020N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 1, do 4 de xaneiro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnica/o de Xestión Cultural, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– Cinco postos de traballo de técnica/o auxiliar do Gabinete Didáctico, clasificados no grupo C1, polo sistema de concurso oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e

Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra