Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9685

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo incluídos nas ofertas de emprego dos anos 2017 e 2018 (CL2020N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 1, do 4 de xaneiro de 2021, con rectificación no Boletín Oficial da provincia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2018:

– Unha praza de técnica/o especialista en Arquivo e Biblioteca, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de técnica/o informática/o GIS, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de encargado/a coordinador/a de brigadas, encadrada na escala de Administración especial, servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase encargados/as, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Dúas prazas de condutor/a maquinista, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase oficiais, integradas no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de oficial/a de mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase oficiais, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Dúas prazas de subalterna/o, encadradas na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre. Reservadas a persoas con discapacidade intelectual.

– Unha praza de axudanta/e de control e vixilancia, encadrada na escala de Administración especial, servizos especiais, clase persoal de oficios, subclase axudantas/es, integrada no grupo E, polo sistema de oposición libre.

– Un posto de traballo de técnica/o informática/o de NN.TT., clasificado como persoal laboral fixo, grupo C1, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019

Carlos López Pont

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra