Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9684

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario pola quenda de promoción interna (CPI 2020N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 1, do 4 de xaneiro de 2021, con rectificación no Boletín Oficial da provincia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público dos ano 2017, 2019 e 2020:

– Unha praza de enxeñeira/o de Montes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica/o superior en Ciencias Ambientais, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de encargada/o de costura e roupeiro, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial/a de servizos xerais e de mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda

e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra