Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2021.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía 2021/015, do 25 de xaneiro, se aprobou a oferta de emprego público do Concello de Ribeira de Piquín para o ano 2021, que comprende a praza de funcionario de carreira dotada no orzamento da Corporación, co seguinte detalle:

Núm. vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo

Tipo de persoal

1

Administrativo

Administración xeral/ administrativa

C1

Funcionario de carreira

Ribeira de Piquín, 9 de febreiro de 2021

Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente