Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo do posto denominado coordinador/a técnico/a de deportes.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 031, do 8 de febreiro de 2021, foron publicadas integramente as bases que rexeran a convocatoria para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo do posto de coordinador/a técnico/a de deportes, asimilada ao subgrupo C1, mediante concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Quiroga, 9 de febreiro de 2021

Julio Álvarez Núñez
Alcalde