Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN408A 2017/07-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Parque Eólico Miñón, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2017/07-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 2 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2017/07-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.

Denominación da instalación: Parque Eólico Miñón.

Concello: Vimianzo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data de ocupación

223

Seixos Blancos

Descoñecida

17.9.2019