Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución de sanción no expediente sancionador IN635C/2019/136-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución de sanción no expediente sancionador por infracción en materia de industria (eficiencia enerxética), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2019/136-4.

Persoa interesada:

DNI: 36043965K.

Acto notificado: resolución de sanción no expediente sancionador en materia de industria (eficiencia enerxética).