Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 10004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a dúas prazas de arquitecto/a, unha praza de arquitecto/a técnico/a e unha praza de arquiveiro/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 099, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 286, do 14 de decembro de 2020, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

– Decreto nº 7326/2020, do 19 de novembro: dúas prazas de arquitecto/a, escala: administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Unha en quenda da acceso libre ordinario e unha en quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade (OPE 2018).

– Decreto nº 7327/2020, do 19 de novembro: unha praza de arquitecto/a técnico/a, escala: administración especial; subescala: técnica; clase: media; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

De igual xeito, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 294, do 23 de decembro de 2020, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

– Decreto nº 8064/2020, do 10 de decembro: unha praza de arquiveiro/a, escala: administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte dias hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 12 de xaneiro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17 de xullo de 2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcaldesa delegada da Area de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos