Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 10000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria do concurso para a provisión de varios postos de traballo para xefas/es de servizo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 273, do 27 de novembro de 2020, foi publicado o Decreto 7323/2020, do 19 de novembro de 2020, polo que se resolveu convocar o concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello de Lugo para xefas/es de servizo.

Postos que se convocan:

– Xefe/a do Servizo de Fomento. Funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, axente de desenvolvemento local, ou título de grao e máster ou equivalente grupo A1 ou funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) aberto a todas as administracións públicas, código 05/208.

– Xefe/a do Servizo de Prevención e Saúde. Requisitos: funcionario/a de carreira, escala de Administración especial. Subescala técnica superior. Titulación universitaria e curso de técnico superior de prevención de riscos. Grupo A1. Aberto a todas as administracións públicas. Código 07/208.

– Xefe/a do Servizo de Licenzas. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente). Aberto a todas as administracións públicas. Código 22/208.

– Xefe/a do Servizo de Igualdade. Funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado/a en Dereito, Psicoloxía ou Pedagoxía ou título universitario de grao e máster equivalente. Grupo A1. Aberto a todas as administracións públicas. Código 42/208.

– Xefe/a do Servizo de Educación. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, Pedagoxía ou título universitario de grao e máster equivalente. Aberto a todas as administracións públicas. Grupo A1. Código 43/208.

– Xefe/a do Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciatura en Artes e Humanidades ou título universitario de grao e máster equivalente. Grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2 (titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica media, título universitario en Arte e Humanidades. Grupo A2. Aberto a todas as administracións públicas. Código 51/208.

– Xefe/a do Servizo de Fiscalización Previa. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Económicas e Dereito ou título universitario de grao e máster equivalente. Grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala de xestión. Grupo A2 (titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica media, diplomatura en Ciencias Empresariais ou título universitario de grao ou equivalente. Aberto a todas as administracións públicas. Código 61/208/1.

– Xefe/a do Servizo de Control Financeiro. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Económicas e Dereito ou título universitario de grao e máster equivalente. Grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala de xestión. Grupo A2 (titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica media, diplomatura en Ciencias Empresariais ou título universitario de grao ou equivalente. Aberto a todas as administracións públicas. Código 61/208/2.

– Xefe/a do Servizo do Órgano de Xestión Económico-Financeiro. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Económicas e Dereito ou título universitario de grao e máster equivalente, grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala xestión, grupo A2 (titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica media, diplomatura en Ciencias Empresariais ou título universitario de grao ou equivalente. Aberto a todas as administracións públicas. Código 62/208.

– Xefe/a do Servizo de Facenda Local. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Económicas e Dereito ou título universitario de grao e máster equivalente, grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2. (Titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica media, diplomatura en Ciencias Empresariais ou título universitario de grao ou equivalente. Aberto a todas as administracións públicas. Código 65/208.

– Xefe/a do Servizo de Augas. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente) ou funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Dereito ou Enxeñaría ou título universitario de grao e máster equivalente. Aberto a todas as administracións públicas, grupo A1. Código 66/208.

– Xefe/a do Servizo de Desenvolvemento Local. Funcionario/a de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica superior, licenciado/a en Ciencias Xurídicas e/ou Sociais. Axente de desenvolvemento local ou título universitario de grao e máster equivalente. Aberto a todas as administracións públicas, grupo A1. Código 67/208.

– Xefe/a do Servizo de Participación e Atención Cidadá (SAC). Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1 (titulación: doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título universitario de grao e máster ou equivalente), grupo A1. Funcionario/a de carreira, da escala de Administración xeral, subescala de xestión (titulación: enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico ou título universitario de grao ou equivalente), grupo A2. Aberto a todas as administracións públicas, código 72/208.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 16 de decembro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área
de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos