Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10211

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 7 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

En virtude da Resolución do 7 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

DISPÓN:

Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***4225**

Ramada Zamora, Gemma

43 (desistencia da solicitude)

Quedando excluída, a persoa anteriormente indicada, da relación definitiva de aspirantes admitidas ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública