Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10209

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo.

En virtude da Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 256, do 22 de decembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

DISPÓN:

Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***0701**

Míguez Ramos, Lucía

Estimación de recurso administrativo

Queda excluída, a persoa anteriormente indicada, da relación definitiva de aspirantes excluídos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública