Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10208

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Resolución do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 109, do 5 de xuño) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro),

DISPÓN:

Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***0566**

Torres Pose, María

43 (desistencia da solicitude)

Queda excluída, a persoa anteriormente indicada, da relación definitiva de aspirantes admitidos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública