Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10141

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (código de procedemento TR341Y).

BDNS (Identif.): 548641.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Os centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e as empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19.

Segundo. Obxecto e finalidade

Garantir a viabilidade e estabilidade dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 e consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (código de procedemento TR341Y) (http://ceei.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a un millón de euros (1.000.000,00 de €). A distribución inicial dos créditos será a seguinte: 800.000 € na aplicación 11.04.324C.470.8 e 200.000 € na aplicación 11.04.324C.481.8.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Sexto. Outros datos

O procedemento de concesión da axuda prevista nesta orde ten a consideración de concorrencia competitiva.

As axudas reguladas nesta orde son compatibles co mercado interior e non constitúen axuda de Estado.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2020

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade