Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de administrativo por promoción interna.

Mediante a Resolución da Alcaldía 64/2021, do 21 de xaneiro de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a (C1) para o Concello da Laracha, por promoción interna mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 15, do 15 de xaneiro de 2021, están integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión da dita praza.

Esta praza ten as seguintes características:

Grupo: C; subgrupo: C1; escala: administración xeral; subescala: administrativa; número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

A Laracha, 25 de xaneiro de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde