Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10296

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira (dous bombeiros e dous/dúas subalternos/as).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 18 de decembro de 2020 e 29 de decembro de 2020, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Marcos Freire Romero, con DNI ***3153**, para ocupar unha praza de subalterno da escala de administración xeral, integrada no grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Clara Barciela Balado, con DNI ***9871**, para ocupar unha praza de subalterna da escala de administración xeral, integrada no grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Adrián Abad Cañas, con DNI núm. ***7287**, para ocupar unha praza de bombeiro-condutor da subescala de servizos especiais da escala da administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Aarón Cruz Ríos, con DNI núm. ***1108**, para ocupar unha praza de bombeiro-condutor da subescala de servizos especiais da escala da administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas do tribunal cualificador, ao cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura