Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10307

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de realización do primeiro exercicio para a selección e provisión dunha praza de policía local, orzamento de 2010.

En execución do ditame da Sentenza 223/2017, do 11 de decembro de 2017, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, mediante a Sentenza 457/2018, do 31 de outubro de 2018, en relación coa convocatoria de selección e provisión dunha praza de funcionario de carreira, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 2010, polo procedemento de oposición e acceso por quenda libre, do grupo C, subgrupo C1, dos establecidos no artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, denominación policía local, dotada conforme se establece no cadro de persoal, aprobada xunto co orzamento xeral o 22 de xullo de 2010; modifícanse as bases que rexen a convocatoria para a selección e provisión dunha praza de policía local do Concello de Santa Comba (A Coruña), orzamento 2010.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 26, do 9 de febreiro de 2021, publicouse a Resolución da Alcaldía número 1366/2020, do 29 de decembro de 2020 de modificación das bases que rexen a convocatoria para a selección e provisión dunha praza de policía local do Concello de Santa Comba (A Coruña) e a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ao dito proceso.

En virtude do exposto, esta alcaldía

RESOLVE:

Primeiro. O primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 26 de febreiro de 2021, no pavillón de Fontenla (rúa Lugo), en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas. Deberán acudir co DNI ou documento fidedigno e con bolígrafo azul.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Segundo. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase a continuación da primeira proba, unha vez rematada esta.

Santa Comba, 10 de febreiro de 2021

David Barbeira García
Alcalde presidente