Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10303

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira.

A Alcaldía ditou as seguintes resolucións que a continuación se transcriben literalmente:

1. O 3 de agosto de 2020, a Resolución número 1607/2020:

«Considerando que polo Decreto da Alcaldía número 696/2019, do 24 de abril, se resolveu nomear a Alba Penas Añón, con DNI núm. **11426**, funcionaria en prácticas da praza da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación.

Resultando que a interesada tomou posesión o 25 de abril de 2019 como funcionaria en prácticas.

Logo de ver o Informe, co número de rexistro 202090000001678, do 31 de xullo, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), organismo dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, segundo o cal a funcionaria en prácticas superou o curso selectivo.

Consonte as atribucións que me confiren os artigos 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 41.14.a) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de conformidade co disposto nas bases 12ª e 13ª da convocatoria; no artigo 19 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, resolvo:

1º. Nomear a Alba Penas Añón, con DNI núm. **11426**, funcionaria de carreira da praza da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación. O nomeamento terá efectos económicos e administrativos da data da toma de posesión, con dereito á percepción das retribucións básicas correspondentes ao grupo de clasificación.

2º. A nomeada adquirirá a condición de funcionaria de carreira do Concello de Sada logo de prestación de xuramento ou promesa, segundo o establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e toma de posesión do seu destino no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña; deberá comunicar previamente o día previsto de toma de posesión para a fixación deste polo Concello.

3º. Notificarlle esta resolución á interesada, publicala no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia e dar traslado dela aos servizos de Intervención e Tesouraría para os efectos pertinentes».

2. O 17 de novembro de 2020, a Resolución número 2469/2020:

«Considerando que polo Decreto da Alcaldía número 648/2019, do 9 de abril, se resolveu nomear a Francisco Gerardo Montes Varela, con DNI núm. ** 82517**, funcionario en prácticas da praza da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría oficial, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación.

Resultando que o interesado tomou posesión o 11 de abril de 2019 como funcionario en prácticas.

Logo de ver o Informe, co número de rexistro 202090000002532, do 13 de novembro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), organismo dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, segundo o cal o funcionario en prácticas superou o curso selectivo para o acceso á escala básica, categoría de oficial, dos corpos da policía local de Galicia, convocado mediante a Resolución do 1 de xullo de 2020.

Consonte as atribucións que me confiren os artigos 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 41.14.a) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de conformidade co disposto nas bases 12ª e 13ª da convocatoria; no artigo 32.4 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, resolvo:

1º. Nomear a Francisco Gerardo Montes Varela, con DNI núm. ** 82517**, funcionario de carreira da praza da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría oficial, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación. O nomeamento terá efectos económicos e administrativos da data da toma de posesión, con dereito á percepción das retribucións básicas correspondentes ao grupo de clasificación.

2º. O nomeado adquirirá a condición de funcionario de carreira do Concello de Sada logo de prestación de xuramento ou promesa, segundo o establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e toma de posesión do seu destino no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña; deberá comunicar previamente o día previsto de toma de posesión para a fixación deste polo Concello.

3º. Notificarlle esta resolución ao interesado, publicala no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia e dar traslado dela aos servizos de Intervención e Tesouraría para os efectos pertinentes».

3. O 3 de decembro de 2020, a Resolución número 2635/2020:

«Considerando que polo Decreto da Alcaldía número 449/2020, do 4 de marzo, (BOP núm. 46, do 9 de marzo), se resolveu nomear funcionarios en prácticas da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación, a:

– Bruno Bello Lafuente, con DNI núm. **30286**.

– Adrián Freire Estraviz , con DNI núm. **38804**.

– Martín Outón Tomé, con DNI núm. **47811**.

Resultando que os interesados tomaron posesión o 12 de marzo de 2020 como funcionarios en prácticas.

Logo de ver o Informe, co número de rexistro de entrada 202090000002676, do 2 de decembro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), organismo dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, segundo o cal os ditos funcionarios en prácticas superaron o curso selectivo para o acceso á categoría de policía, dos corpos da policía local de Galicia, convocado mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2020 (DOG núm. 41, do 2 de marzo).

Consonte as atribucións que me confiren os artigos 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 41.14.a) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro; no artigo 19 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, resolvo:

1º. Nomear funcionarios de carreira da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación, a:

– Bruno Bello Lafuente, con DNI núm. **30286**.

– Adrián Freire Estraviz , con DNI núm. **38804**.

– Martín Outón Tomé, con DNI núm. **47811**.

Os nomeamentos terán efectos económicos e administrativos da data da toma de posesión, con dereito á percepción das retribucións básicas correspondentes ao grupo de clasificación.

2º. Os nomeados adquirirán a condición de funcionarios de carreira do Concello de Sada logo de prestación de xuramento ou promesa, segundo o establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e toma de posesión do seu destino no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña; deberán comunicar previamente o día previsto de toma de posesión para a súa fixación polo Concello.

3º. Notificarlles esta resolución aos interesados, publicala no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia e dar traslado dela aos servizos de Intervención e Tesouraría para os efectos pertinentes».

Sada, 4 de xaneiro de 2021

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde