Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10508

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 8 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por quenda e orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade co establecido na base IV.2 da orde de convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na dita base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

Laura Mª González-Carreró Fojón
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018

Orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

1

***7770**

Rodríguez Álvarez, Laura

Promoción interna

27,40

38,51

12,58

Exenta

78,49

2

***6564**

Otero Álvarez, Luciano

Promoción interna

23,25

35,06

12,21

Exento

70,52

3

***4526**

Paz Feijoo, Francisco

Acceso libre

31,66

32,09

13,68

Exento

77,43

4

***5413**

Besteiro Doval, Roberto

Acceso libre

25,11

35,30

13,09

Exento

73,50

5

***2841**

Mosquera Val, Mª Belén

Acceso libre

23,88

31,11

13,31

Exenta

68,30

6

***1915**

González Jar, Mª José

Base I.1.2

21,66

33,82

10,15

Exenta

65,63