Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10376

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

BDNS (Identif.): 549625.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes, conforme o indicado no artigo 29, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millóns de euros no ultimo ano en que se presentasen contas e acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %. No caso das pemes pertencentes á canal de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os cinco millóns de euros.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse trinta millóns de euros (30.000.000 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito. De acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase no Diario Oficial de Galicia o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade