Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2012/203-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle, a través desta cédula que se publicará no Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte á notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 26 de xaneiro de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2012/203-36.

NIE: X8270655Q.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 15 de xaneiro de 2021.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.