Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante edicto os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 20 de xaneiro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. DNI/NIE

Núm. de expte.

Resolución e data

34941006G

3601301-I/99

Extinción 19.11.2020

76862750Q

3601514-I/99

Suspensión 22.9.2020

36149710N

3600792-I/14

Suspensión 24.11.2020

Y1338807Z

3600760-I/17

Caducidade 26.10.2020

36087078D

3600711-I/18

Desistencia 21.10.2020

X1836436R

3600299-I/20

Denegación 5.11.2020

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. de expte.

Resolución e data

35572719E

3600115-X/11

Extinción 15.10.2020

35572718K

3600176-X/12

Extinción 16.10.2020

35219358X

3600419-X/20

Denegación 5.11.2020