Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10790

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública, para vinculación temporal, de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (integrado na actualidade en ADOS) (Diario Oficial de Galicia número 240, do 27 de novembro de 2020).

Tras ser convocada mediante a Resolución do 17 de novembro de 2020 (DOG nº 240, do 27 de novembro) a provisión para vinculación temporal de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura de tres prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), convocadas pola Resolución do 17 de novembro de 2020 (DOG nº 240, do 27 de novembro).

Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo desta resolución para que, en único chamamento e acto e pola orde que se establece en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino. O acto de elección de destino terá lugar o luns 22 de febreiro de 2021, ás 10.00 o primeiro adxudicatario, ás 10.20 o segundo e ás 10.40 o terceiro, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Terceiro. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Total
1ª fase

Total
2ª fase

Total suma
fases

Muiños Rafael, Ana

***9107**

21,555

16,150

37,705

Formoso Martínez, María José

***8926**

34,201

2,000

36,201

Zapata Rodríguez, José María

***5959**

32,342

2,000

34,342

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.