Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10789

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2021 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Social.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 29 de outubro de 2020 (BOE do 18 de novembro), para a provisión da praza número 20/044, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Social, Departamento de Psicoloxía desta universidade, a favor de Pablo Clemente Espinosa Breen, con DNI núm. ***1555**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pablo Clemente Espinosa Breen profesor titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Social, Departamento de Psicoloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña