Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11090

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

EXTRACTO da Resolución do 17 de febreiro de 2021 pola que se acorda a ampliación de prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da II edición dos Premios de innovación en saúde 2020 no Sistema público de saúde de Galicia e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

BDNS (Identif.): 539751.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 23 de marzo de 2021 o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 19 da Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 257, do 23 de decembro).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega para a
Xestión do Coñecemento en Saúde