Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11313

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 160/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 160/2020 deste xulgado do social, se ditou Auto en data 27 de xaneiro de 2021, e Decreto en data 2 de febreiro de 2021, podendo interpoñer recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión, contra o segundo, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na secretaría deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Lumaso Telecomunicaciones, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza