Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11312

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 163/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 163/2020 deste xulgado do social, se ditou Auto en data 27 de xaneiro de 2021, e Decreto en data 2 de febreiro de 2021, podendo interpoñer recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión, contra o segundo, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se faran fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a González Arrebola, S.C., a Juan Arrebola Prieto e a Macarena Arrebola Prieto, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza