Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 904/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 904/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Arca Pereira contra Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Gerardo Arca Pereira contra Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 3.021,38 € brutos (2.762,91 € líquidos) -desagregados e polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza-, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade producidos desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fondo de Garantía salarial, non hai lugar á súa condena nesta instancia e débese observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza