Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11301

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 4033/2020-VB).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4033/2020, seguido por instancia de Rosa Isabel Rodríguez Alonso contra Terregón, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou no día da data a seguinte resolución:

Decidimos: que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado David Pérez Barreiro, en nome e representación de Rosa Isabel Rodríguez Alonso, contra a sentenza de data dezanove de agosto de dous mil vinte, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos seguidos a instancia da recorrente fronte á Empresa Terregón, S.L., sobre extinción de contrato por causas obxectivas, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza recorrida, estimando parcialmente a demanda e condenando á empresa demandada a que abone á actora a cantidade de dous euros con oitenta e sete céntimos (2,87 euros), en concepto de diferenza de indemnización por despedimento, e a de setecentos vinte e nove euros con noventa céntimos (729,90 euros), en concepto de indemnización por falta de preaviso de 15 días, en lugar da cantidade de vinte e cinco euros con once céntimos (25,11 euros), que consta no fallo da sentenza, en concepto de diferenza de indemnización por despedimento, mantendo o resto dos pronunciamientos contidos na sentenza recorrida.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano do mesmo.

Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Terregón, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza