Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11303

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (873/2019).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal número 873/2019 seguido por instancia de PSA Financial Services Spain EFC, S.A. fronte a Víctor Manuel Posada Ramiro ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 7 de outubro de 2020.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 873/2019, promovidos por PSA Financial Services Spain EFC, S.A., representada polo procurador Sr. Gallego Martín-Esperanza e asistida do letrado Sr. Francisco Rivera, contra Víctor Manuel Posada Ramiro, en situación procesual de rebeldía.

Resolución:

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de PSA Financial Services Spain EFC, S.A. contra Víctor Manuel Posada Ramiro, debo condenar e condeno o demandado a aboar a cantidade de 3.982,80 euros, máis xuros legais, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E encontrándose o devandito demandado, Víctor Manuel Posada Ramiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 28 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza