Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11304

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (707/2018).

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza número 27.

En Vigo o vinte e oito de xaneiro de dous mil vinte e un.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 707/2018, sobre xuízo ordinario sobre privación da patria potestade, en que actúa como demandante Carla Vidal González, representada pola procuradora dos tribunais Katia Fernández Meiriño e con asistencia letrada de Rosalía Nieto Silveira, contra Yago Rodríguez Moreira, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Meiriño, en nome e representación de Carla Vidal González, contra Yago Rodríguez Moreira, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía, estimo esta na súa integridade e decreto a privación total da patria potestade de Yago Rodríguez Moreira respecto do seu fillo menor de idade Ariadne Vidal Rodríguez.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento do menor para os efectos oportunos, deixando constancia diso en autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza da que se deducirá testemuño para a súa constancia en autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Yago Rodríguez Moreira, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Vigo, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza