Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2021, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-13/2020 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Lugo.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, no Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, nº 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo,10 de febreiro de 2021

Mar Gómez Pardo
Xefa de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificacion

ES LU-13/2020

34269775M

Proposta de resolución

ES LU-15/2020

33741182K

Proposta de resolución