Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11624

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de funcionario de carreira (administrativo).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2021/034, do 15 de febreiro, aprobáronse as bases para a provisión da praza de funcionario de carreira, administrativo, escala administración xeral, subescala administrativa, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na páxina web do Concello (www.ribeiradepiquin.es).

Ribeira de Piquín, 18 de febreiro de 2021

Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente