Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00845-O-2020 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador número OU-00845-O-2020 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 5 de febreiro de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00845-O-2020

2551-DKS

44448837A

Exceso de peso superior ao 5 %

8.10.2020; 20.31.00; A-52; 193,0

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

301 euros

OU-01074-O-2020

PO-0368-AJ

76984064M

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

5.11.2020; 19.00.00; A52; 233,0

Art. 140.22 da LOTT

Art. 197.24 da ROTT

Art. 143.1 da LOTT

Art. 201. h) da ROTT

2.001 euros